Rei Artur

Resumo

Unha caza do tesouro

Un día, no reino bretón aparece unha espada coa seguinte lenda: “Quen a consiga arrincar, será rei de Inglaterra”.

Olla como describe este momento J. Boorman

 


 

 


Só Artur pode arrincar a espada Excalibur do lugar en que apareceu. Entón, o mago solicita ao pobo que sexa coroado rei de Bretaña.
A coroación realízase en Caerleón e o novo rei traslada despois a súa corte a Camelot. O seu reino será representado, a partir de entón, por un dragón vermello e os seus tempos simbolizarán para sempre a luz de Bretaña.

Un día o rei ve a Xenebra e pensa que é a muller máis fermosa de todas cantas coñecera até daquela. Cego de amor e desoíndo as súplicas de Merlín, decide casar con ela.

Mais estaba escrito que a paz non reinase na Corte do rei Arturo: Xenebra e o cabaleiro Lanzarote cruzan un día as súas olladas e non poderán esquecerse xa nunca máis. E un día enganan ao rei, que chora amargamente a traición.

Arturo participa en loitas e guerras, tal vez para esquecer a súa dor.
E nunha delas, celebrada no río Camel en Cornualles, Arturo mata ao seu fillo bastardo, Mordred. Cando se aproxima a el para cerciorarse da súa morte, este crávalle unha espada no peito que será mortal para o rei.

Só quedou sir Bedivere para axudalo.Todos os demais cabaleiros morreran en combate. E Arturo díxolle estas palabras:
“-Non chores por min. Marcharei a un lugar onde as miñas feridas serán sandadas. Leva Excalibur á beira do lago e lánzaa ás augas. E despois, bo Bedivere, lévame ata a barca que agarda no río”.

Na beira do río estaba a barca que o levaría a Ávalon, onde descansa ata que un día alguén o esperte do seu soño e lle entregue a mítica espada coa que volverá reinar.