Procurando poema e poeta
Pensas que es unha persoa que coñece a literatura galega?
Presumes de ter lido todo?
Non tes lido nada pero pensas que paga a pena comezar a ler?
Simplemente desexas gañar 300 €?
Pois adiante.
Nesta imaxe ofrecemos dous poemas completos, coas palabras desordenadas e mesturadas, de unha autora e un autor da Literatura Galega. Move e axusta a lupa para ver cada unha das palabras e investiga. Compón novos poemas con estas palabras. Fai o que queiras pero averigua auores e textos. Olla as bases de participación e se desexares participar nesta caza do tesouro deberás enviar un correo a webquests@as-pg.com indicando que desexas participar. Deberás aportar os datos que se solicitan nas bases.
Se consegues recompor cada un dos dous poemas tal como foron publicados e indicar quen son a autora e o autor deles poderás gañar 300 €.
Se ademais es socio ou socia da AS-PG ese premio será de 400.