Bases de participación

Bases

 

Se desexares participar nesta caza do tesouro deberás enviar un correo a webquests@as-pg.com indicando Nome e apelidos, Documento de Identidade e correo electrónico. A AS-PG utilizará só o correo electrónico como medio de comunicación coas persoas participantes. O derradeiro día para enviar os textos correctamente recompostos, indicando ademais autor e autora é o día 20 de xuño. Por se houber algún tipo de problema cos envíos admitiranse os textos que cheguen até o día 22 sempre que na data e hora do remitente figure unha referencia anterior ás 23:59 horas do día 20 de xuño. Entre o día 15 e o 25 de maio a AS-PG publicará na súa web, no banner de cabeceira, unha serie de pistas para os participantes. O día 25 de xuño publicaranse os textos e darase a coñecer a persoa gañadora. Todas as persoas que o desexen poden enviar os textos que vaian compoñendo a webquests@as-pg.com e recibirán contestación indicando se está correcto ou non. Estes textos, que poden ou non corresponder cos orixinais que se están a procurar, poderán ser publicados na web da as-pg.

Para ter dereito ao premio é necesario recompor os dous poemas. Se houber máis de unha persoa que acerte o gañador ou gañadora decidirase por sorteo. En calquera caso, se houber empate terán preferencia as persoas asociadas á as-pg. O premio será de 300 €, agás no caso de a persoa gañadora estar asociada á as-pg e coas cotas ao día no momento de finalizar o prazo de entrega. Neste caso o premio será de 400€.

Calquer outra cousa non explicitada anteriormente será interpretada e aclarada pola as-pg, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

A participación no certame supón aceitar as bases

A Coruña 8 de maio de 2009

Modificar