1.- Obxectivos xerais: Familiarizarse coas técnicas de procura de información en Internet e cos programas de presentacións. Tamén fomenta o contacto con outras persoas e o traballo en equipo.
2.- Obxectivos específicos: A nosa webquest está pensada para o primeiro curso de Bacharelato da área de lingua galega e literatura. 3.- Organización, temporalización e recursos: Para desenvolver a webquest, o alumnado debe ter un coñecemento básico das novas tecnoloxías da información e da comunicación (NTIC), como son o manexo básico de Internet, o traballo con imaxes e texto ou o coñecemento mínimo dos procesadores de texto.
A webquest está pensada para desenvolverse en catro sesións dunha hora, o mesmo que fases ten no seu proceso. De todos os xeitos, a primeira e a cuarta fases son as máis problemáticas e pode ser que precisen unha sesión extra.
4.- Avaliación: Antes de empezar o traballo, os alumnos e alumnas han de coñecer como e de que serán avaliados mediante unhas pautas que terían que consultar previamente. O profesor ou profesora avaliará a webquest valorando os aspectos que se describen no apartado correspondente.
|