Versión de texto  
INTRODUCIÓN

Andas por aí, pola rúa. Estás no instituto, no pub ou xogando volei cos do outro lado da rúa, como calquera día da túa vida. Xa sabes que utilizas a mesma lingua que os teus compañeiros e compañeiras, mais hai quen ten un acento diferente ao teu, que pronuncia os /s/ dunha maneira distinta, que pronuncia o /g/ de modo diferente, que os /o/ e os /e/ son máis abertos ou fechados que os que ti fas, mesmo hai quen aspira o /s/

Quen fala mellor? Ti ou eles?
A resposta xa cha deron na clase: todos e todas falades ben, pois eses fenómenos responden a unha realidade dialectal do galego, unha realidade que non lle resta unidade.

A túa tarefa será investigar sobre as áreas dialectais do galego, sobre as variantes, e logo tratar de emitir unha opinión sobre o tema.
Vai?
Pois veña, adiante. Mais antes de nada, para asegurar que sabes o que fas, ve o que se entende por dialecto visitando a seguinte páxina http://gl.wikipedia.org/wiki/Dialecto.




Versión imprimible