PROCESO

A actividade lévase a cabo en grupos de catro alumnos ou alumnas. A fase primeira, de entrevistas, e a terceira, será levada a cabo por todos; a 2 e a 4 realizarase en grupos de dous. Así, converterédesvos os catro en xornalistas de investigación, investigación que realizaredes durante todo o proceso. Utilizaredes Internet ou outros medios tradicionais para obter a información.

1ª Fase: Consiste en gravar varias conversacións con diferentes persoas, da vosa contorna ou alleas a ela, sabendo previamente a súa procedencia. Unha vez teñamos as gravacións escoitaranse e iranse anotando os trazos de pronunciación que se perciban. Xa supoñeredes que cantas máis entrevistas fagades, máis exemplos concretos teremos para contrastar. Cabe a posibilidade de que pidades entrevistas a outros institutos.

2ª Fase: Consiste en consultar en Internet ou en diferentes manuais cales son as variantes dialectais do galego, que trazos máis significativos os diferencian da lingua estándar. Unha vez teñamos os trazos, haberá que separalos en fonolóxicos, morfosintácticos e léxicos.

3ª Fase: Consistirá en comparar a información obtida nas entrevistas cos datos xerais sobre as variantes dialectais. Partindo da comparación hai que seleccionar os trazos que se dan na maior parte de falantes e clasificalos en fonolóxicos, léxicos e mnorfosintacticos

4ª Fase: Finalmente, cando xa teñamos os trazos máis significativos de cada área, elaboramos unha pequena presentación en que se reflictan os trazos máis significativos. Esta fase será en grupos de dous.






Versión imprimible