TAREFA

Os teus compañeiros e ti debedes elaborar un traballo de investigación sobre as variantes xeográficas do Galego. O traballo constará de catro fases:

1.- Entrevistas: Teredes que entrevistar diferentes personas que proveñan de diversos ámbitos e gravar as conversas para seren analizadas posteriormente. Claro que tamén te podes pór en contacto con outros institutos de Galiza e que che envíen as gravacións, que para algo terá que servir ese telemóbel tan marabilloso que acabas de estrear.
2.- Consulta: Esta fase conleva un traballo de busca e tratamento da información. Teredes que consultar en internet (e tamén nos medios tradicionais) as características das diferentes variantes da lingua galega segundo as áreas xeográficas.
3.- Contraste: Trátase de comparar a información conseguida a través das entrevistas, xa ordenada, cos trazos máis significativos que nos proporcionan estudos consultados.
4.- Exposición: A través dun traballo tipo powerpoint, teredes que elaborar unha presentación sobre o tema da variedade dialectal galega, constando os trazos máis significativos de cada dialecto, separándoos en fonéticos, léxicos e morfosintácticos e aportando mapas.





Versión imprimible