De Rosalía
Quen é esa Rosalía?
Agora imos porche unha serie de preguntas. A resposta a todas elas está na páxina web que aparece na introdución a esta caza do tesouro, na entrada Rosalía de Castro. Só tes que ir buscando os datos, anotando nun papel e esperar a finalizar.
- Onde naceu Rosalía? Que foi da casa onde naceu?
- Onde viviu de pequena?
- Cantos anos tiña cando publicou o primeiro libro e como se titula?
- A que libro pertence o poema “Cando penso que te fuches”
- Cal é o título dun texto publicado en 1858?
- En que ano publica o primeiro libro escrito integramente en galego?
- Cal é o título dun artigo sobre a condición feminina, publicado en Almanaque de Galicia (Lugo).
- A segunda edición de Cantares gallegos, ten máis ou menos poemas que a primeira?
- En que ano publica Follas Novas?
- Levaba moitos anos escrito este libro?
Licensed under the Creative Commons Attribution-NonCommercial 2.5 License