Introdución
Rosalía é unha poeta que non pode deixarte indiferente se a les.
É a máis importante das nosas escritoras e unha das grandes da literatura universal. As súas obras recollen a vida, os costumes, as preocupacións, as ilusións e as decepcións das persoas da Galiza do XIX e a problemática social que as envolvía. Mais a súa obra serve para reflectir a problemática de calquera persoa de calquera época e lugar.
Por iso é universal.
Esta caza do tesouro está dirixida a alumnos e alumnas de 3º de ESO e con ela só se pretende facer unha aproximación aos principais aconteceres da vida de Rosalía, sen esquecer a súa poética.
Aquí debaixo tes unha páxina web desde á que podes obter toda a información para resolver esta caza do tesouro.
Licensed under the Creative Commons Attribution-NonCommercial 2.5 License