Follas Novas

Ícone iDevice
¡Follas novas!, risa dame
ese nome que levás
cal si a unha moura ben moura
branca lle oíse chamar.

Non Follas novas, ramallo
de silvas e toxos sós,
hirtas coma as miñas penas,
feras, coma a miña dor.

Sin olido nin frescura,
bravas magoás e ferís...
¡Si na gándara brotades,
cómo non serés así!

Ícone iDevice

Observa o xogo que fai Rosalía co título da obra. Cal será a intencionalidade?

Como caracteriza Rosalía os seus poemas?

 


Licensed under the Creative Commons Attribution-NonCommercial 2.5 License