Daquelas que cantan

Ícone iDevice
Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller;
pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
...............¡Ai!, ¿de que a terei?

Ícone iDevice

O poema anterior abre o libro de Follas novas. Pilar Pallarés escribiu: " O problema da identidade sexual da escritora que se nega a realizar o tipo de literatura que a sociedade espera dela preocupa tanto a Rosalía que abre con el o seu libro Follas Novas".

Quen serán esas que cantan as pombas i as frores?

Que tipo de literatura estaría reservada para a muller escritora no século XIX?

 


Licensed under the Creative Commons Attribution-NonCommercial 2.5 License