O Camiño Inglés

Guía de viaxe (virtual) polo Camiño Inglés

O Camiño de Santiago naceu por motivos relixiosos no século XI. Durante séculos, o Camiño foise enchendo de peregrinos e, con eles, de historias, igrexas, catedrais, pobos etc. que son interesantes e que forman un grande patrimonio artístico e cultural. O Consello de Europa e a UNESCO proclamárono Patrimonio Cultural da Humanidade en 1993. Actualmente, cada ano, por motivos relixiosos e tamén turísticos, miles de persoas percorren o Camiño en bicicleta, dacabalo ou a pé. Sobre todo, hai moitos peregrinos os anos en que o 25 de xullo, día de Santiago, é domingo. Eses anos son considerados "Anos Santos". O próximo é en 2010 e o seguinte en 2021. Nós imos facer unha viaxe a Santiago por un dos oito camiños que alí se direixen: O camiño Inglés. Pódelo ver, con lupa, na imaxe.

 


Mapa
Antes de continuar, como en toda viaxe, é necesario informarse. Comezamos con algo de información xeral sobre os Camiños de Santiago en Galiza. Pode servir para comezar este video de Historias de Galicia.

 

 


 

 

 



O Camiño Inglés

A lenda do Camiño inglés, é a das peregrinacións vía marítima.

Desde os portos do Báltico e o Atlántico norte chegaron infinidade de escandinavos, holandeses, belgas, franceses e sobre todo, nunha asombrosa cantidade, irlandeses e ingleses. Millóns de peregrinos elixiron esta vía de comunicación, máis rápida e económica que os longos camiños de terra, para chegar a Santiago.

Os que procedían de Irlanda e Gales chegaban en barco ata o porto de St. Ives, no suroeste de Inglaterra, e reuníanse na igrexa de St. Uny, en Lelant, para dirixirse desde alí, cruzando unha estreita franxa de terra, cara ao monte de San Miguel, onde tras visitar o sepulcro deste santo embarcaban, no próximo porto de Penzance, nos navíos que posuían licenza especial para transportar peregrinos. Uns en dirección a Bretaña, para continuar desde aí a ruta a pé por Francia cara a Ostabat, e outros cara a España por vía marítima.

A ruta non por rápida e económica estaba exenta de perigos. Os itinerarios eran sinalados na maioría dos casos de forma inexacta e a navegación incipiente da época en embarcacións non sempre adecuadas non aseguraba un feliz destino aos portos de Galicia. A crudeza da costa galega, que sementaba de mortos o litoral, e os piratas, que proliferaban nas rutas comerciais, eran outros dos alicientes a ter en conta antes de consagrar ao apóstolo a aventura de dita peregrinación.


 

A organización e consolidación do Camiño inglés estaba en pleno auxe xa desde mediados do Século XII, sendo principalmente dous portos galegos os que recibían a visita periódica daquela gran flota de navíos peregrinos, A Coruña e Ferrol. As noticias destas chegadas remóntanse ao século XI, e nas vellas crónicas se documenta como a mediados do Século XII, partía do porto de Dartmouth unha escuadra con máis de 200 naves, ao mando do conde de Flandes. No Ano Santo de 1434, desembarcaron case 3.000 peregrinos ingleses no antigo Portus Magnus Artabrorun, actualmente A Coruña, que se converteu no porto máis usado das peregrinacións da época, posiblemente pola existencia desde o século segundo logo de Cristo dun faro que aínda hoxe en día orienta aos mariñeiros da zona: a torre de Hércules.


Entre os ilustres personaxes que utilizaron esta ruta debemos mencionar a San Amaro, que peregrinou a Santiago no Século XIII e ao duque de Aquitania, que morreu no curso da súa peregrinación e pasou á tradición popular galega co nome de "Don Gaiferos". Os peregrinos que escollían o Camiño inglés atopaban a protección dos mosteiros e os hospitais; así, por exemplo, desde o Ferrol e A Coruña o camiño era máis leve grazas á Orde Hospitalaria do Sancti Spiritus e os templarios, e a partir do século XIV sumarase, na protección dos romeiros, a Orde Franciscana.

O camiño foi crisol de culturas, transmisor de correntes e ideas por todo o continente, encontro de pobos e linguas e eixe vertebrador da primeira conciencia común de Europa. Dixo Goethe que "A Europa da arte e a cristiandade fraguouse no seu peregrinar a Compostela". Nos nosos días, o Consello de Europa definiu o Camiño de Santiago como Primeiro Camiño Cultural Europeo e a UNESCO declarou á cidade de Santiago de Compostela, Patrimonio Cultural da Humanidade.

Tomado de http://www.caminoingles.com/index_ga.html

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License