Instrucións
Tipos de xogador@s:
  1. Xogador@s invitad@s. Teñen opción de:
    • Xogar partidas configuradas por outros usuarios.
    • Introducir novas preguntas no trivial.gz.
  2. Xogador@s rexistrados. Ademáis das opcións anteriores tamén poden:
    • Crear novas partidas.
    • Configurar un grupo de amizades coas que poder xogar máis fácilmente.
    • Competir por ter as mellores estatísticas.
Normas do xogo:
  1. Gañará @ xogad@r que tendo os queixos de todos os temas conteste correctamente a pregunta da casilla central.
  2. Só se poden conseguir queixos no turno propio, contestando correctamente as preguntas das casillas grandes.
  3. Tamén se poden perder queixos se no turno propio contestase mal (ou non se contesta en tempo) a pregunta.
  4. A casilla central de cada lateral do taboleiro é un pasadizo á casilla para conseguir o queixo da mesma cor.
  5. Púntuase por cada pregunta respostada de maneira correcta, aínda que non se estea en posesión do turno.
  6. O xogad@r que ten o turno o perderá se non contesta correctamente e en tempo a pregunta formulada.
Opcións do menú:
  1. Información persoal: Aquí poderás ver as túas estatísticas e tamén cambiar a información persoal e o contrasinal
  2. Lista de amizades: Permíteche engadir xogador@s a unha lista para poder invitalos doadamente a novas partidas
  3. Propón novas preguntas: ¿As preguntas parecenche fáciles? ¡Engade novas preguntas ao trivial.gz!
  4. Mira as clasificacións: ¿Quén sabe máis de historia?¿Quen acertou máis preguntas? Aquí poderás sabelo.
  5. Xogar partida: Poderás unirte a unha partida ou, se estás rexistrado, configurar unha nova.