Os consellos do Corvo
Un corvo vello, antes de sacar os fillos do niño, dáballes algúns consellos, para que soubesen andar polo mundo sen grande perigo.
Mirade -dicíalles-, cando vexades vir un home, escapade, porque se vos colle, mátavos. Se vedes que trae un pao furado, escapade aínda que o home estea lonxe, pois aínda ben non fai "chape" e xa no cu che bate. Se vedes que se baixa para coller unha pedra, tamén, porque con ela mátavos tamén de lonxe.
¿E se a trae no peto? -dixo o corviño máis pequeno.
Ti pódeste ir contestoulle o pai- ¡que xa sabes andar só!
(Conto popular)
Responde as seguintes cuestións. Cando acabes preme en Comprobar respostas