
En xeral escríbense con b as palabras que comezan pola sílaba bu-, así como as rematadas en -bilidade, -bundo, -bunda. Tamén os infinitivos da 3º conxugación rematados en -bir.
Tamén se escribe b cando esta consoante vai formando grupo con outra: publicar, cabra, febre, substantivo, etc. Exceptúase acivro
As terminacións dos copretéritos dos verbos da primeira conxugación levan b: andabas, bailaba, etc.
En xeral escríbense con v os adxectivos graves rematados en -ava, -ave, -avo, -eve, -evo, -iva, -ivo: grave, suave, suevo, lesivo
Tamén os compostos con vice- (vicepresidente) e as palabras que comezan por ad- ou sub- cando despois segue o fonema /b/: advento, subversivo