Instrucións
Tipos de usuarios
- Xogadores invitados (non rexistrados) que teñen as seguintes opcións:
- Xogar partidas configuradas polos usuarios rexistrados cando estes optan por crear unha partida pública ou cando son invitados.
- Ver as clasificacións dos usuarios rexistrados.
- Xogadores rexistrados quen ademais das opcións anteriores tamén poden:
- Crear novas partidas.
- Configurar un grupo de amizades coas que poder xogar máis facilmente.
- Competir por ter as mellores estatísticas.
O xogo consiste en formar palabras de dúas ou máis letras e colocalas no taboleiro cuadriculado (15x15), horizontal ou verticalmente, de xeito que poidan ser lidas de esquerda a dereita ou de arriba a abaixo. Despois da xogada inicial, cada palabra débese ligar con algunha das que xa están no taboleiro.
Número de xogadores- Pódense disputar partidas de varios xogadores (de 2 a 4) ou dun xogador contra o computador que fará de segundo xogador da partida.
Podes consultar as regras completas e as características especiais do letrad@s.gz entrando como usuario invitado ou rexistrado.

