|
I Xornadas de Literatura e Ensino. "A literatura galega nas aulas: os camiños do entusiasmo"
(10 Horas)
|
|
Matrícula:
Desde
24/10/2011
até
16/11/2011(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
|
|
Calendario:
Desde
18/11/2011
até
19/11/2011.
|
|
Horario:
Venres 18 de 16:30 a 20:00 h. e sábado 19 de 10:30 a 20:00 h.
|
|
Lugar de celebración:
Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás).
|
|
Número de prazas:
100
|
|
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
|
|
Prazas reservadas:
25%
Número máximo de prazas:
25%
|
|
Coordenadores:
32787222D
35318702V
|
|
Modalidade formativa:
Curso presencial
|
|
Obxectivos previstos:
-Reflexionar sobre a necesaria revisión e actualización da transmisión didáctica da literatura no ensino obrigatorio e posobrigatorio. -Valorar a literatura galega, a través da súa historia, como unha ferramenta clave para a adquisición dda necesaria competencia lingüística adaptada a cada nivel/etapa educativa. -Adecuar a diversidade metodolóxica literaria os novo tempos educativos. -Achegarse aos contidos didácticos e interactivos que as TIC ofrecen para o profesorado. -Coñecer o Espazo Didáctico que a AELG ofrece aos profesionais do ensino, en particula, e á sociedade, en xeral. -Reflexionar sobre os criterios de selcción e o establecemento de canosn literarios orientativos para o ensino da literatura. -Concienciarse da necesidade de estimular creativamente, na escrita, o alumnado. -Coñecer e analizar as estratexias de sedución que faciliten a descuberta e o achegamento á literatura por parte do público infanto-xuvenil. -Partillar e debater directamente sobre orientacións e estratexias de achegamento literario para a infancia e mocidade xunto con escritores e escritoras da literatura galega.
|
|
Contidos:
Venres 18
16:30 h. Conferencia inaugural: "Que vén sendo iso de ensinar literatura? Instrucións de uso para docentes nos biosbardos", por Xosé Miranda.
17:30 h. Mesa redonda: "A literatura galega nas aulas do século XXI: estratexias de seución". Participan: Antón Riveiro Coello, Xavier Seoane e Pilar Ponte Patiño. Coordina: Mercedes Queixas Zas.
19:00 h. Presentación do Espazo Didáctico virtural da AELG, por Mercedes Queixas Zas.
Sábado 19
10:30 h. Mesa redonda: "A literatura infantil e xuvenil en Galicia: tópicos, prexuízos e puntos de fuga". Participan: Pilar Sampedro, Manuel Lourenzo González e Fran Alonso. Coordina: Armando Requeixo.
12:30 h. Mesa redonda: "Itinerarios lectores durante a adolescencia: criterios de selección". Participan: Ramón Nicolás, Marilar Aleixandre e Xabier P. Docampo. Coordina: Marcos Sánchez Calveiro.
16:30 h. Mesa redonda: "Os irmáns pequenos no universo da aula: a poesía, o teatro e a literatura de tradición oral". Participan: Antonio García Teijeiro (poesía), Teresa González (teatro) e Antonio Reigosa (literatura oral). Coordina Carlos Negro.
18:00 Mesa redonda: "A escola e as outras literaturas: álbum ilustrado, novela gráfica e banda deseñada". Participan: Gracia Santorum, Ánxles Abelleira e Jacobo Fernández Serrano. Coordina: Francisco Castro.
|
|
Metodoloxía que se vai empregar:
-Conferencia inaugural que centre o estado da cuestión con carácter informativo analítico. -Mesas redondas que faciliten a intercomunicación con ópticas diversas segundo os diferentes relatores que participan nelas. -Interacción e participación do público nos coloquios finais das mesas redondas.
|
|
Plano de avaliacion da actividade:
-Entregarase unha enquisa que será cuberta polos asistentes. -Terase en conta tanto a participación activa nas aulas como a execución das diversas prpostas de traballo que se programen. Así mesmo, tomarase en consideración cantos informes, individuais ou de grupo sexan oportunos. -Asistencia recollida na lexislación para ter dereito ao certificado.
|
|
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
|
|
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com, tendo preferencia os socios/as da AS-PG e da AELG.
|
|
Tipo e ámbito de difusión:
Enviarase información aos socios/as da AS-PG e da AELG, e aos centros de ensino de Galicia. Publicitarase na páxina web da AS-PG e da AELG. Editaranse cartolinas co programa.
|
Importe da matrícula e tipos:
Gratuito : 0
|