|
IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral "Lendas urbanas: mitos e ritos dos tempos modernos"
(10 Horas)
|
|
Matrícula:
Desde
26/09/2011
até
25/10/2011(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
|
|
Calendario:
Desde
28/10/2011
até
29/10/2011.
|
|
Horario:
Venres 28 de 17:00 h. a 21:00 h. e sábado 29 de 10:00h a 14:00 h e de 16:30h a 18:30h.
|
|
Lugar de celebración:
Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (r/ San Marcos, 8)
|
|
Número de prazas:
100
|
|
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
|
|
Prazas reservadas:
25%
Número máximo de prazas:
25%
|
|
Coordenadores:
76415434G
32787222D
|
|
Modalidade formativa:
Curso presencial
|
|
Obxectivos previstos:
- Identificar a lenda urbana como expresión actual da literatura de tradición oral. - Identificación das estratexias das lendas para reubicarse xeograficamente e para a ctualizarse, para espirse do anacrónico nas sucesivas transmisións e reforzar así a súa credibilidade. - Identificación das estratexias diexéticas de diversas lendas urbanas e a súa aplicación no ensino da historia da literatura así como o fomento da creatividade narrativa do alumnado. - Comprensión do poder da narración oral ao longo dos tempos. - Capacitar para a identificación do carácter transcultural da literatura oral e a súa potencialidade na educación en valores.
|
|
Contidos:
Venres 28
17:00 h. Recepción e entrega de documentación.
17:10 h. Acto de inauguración.
17:15 h. Conferencia "O visguento unto da calumnia: boticarios e sacamanteigas". Luís Giadás.
18:30 h. Conferencia "As lendas urbanas, a distorsión da realidade e a creación do imaxinario máxico". Bruno Cardeñosa.
20:00 h. Mesa redonda "Urbanas? Modernas? Contemporáneas?". Participan: Luís Giadás e Bruño Cardeñosa. Modera: Isidro Novo.
Sábado 29
10:00 h. Conferencia "O roubo de órganos nas tendas de chineses en Portugal". José Joaquim Dias Marques.
11:30 h. Conferencia "Izena izana baino lehen ukan (Todo canto se di, acontece)". Fito Rodríguez.
13:00 h. Mesa redonda "De boca en boca: o rumor como arma contra os outros". Participan: José Joaquim Dias Marques e Fito Rodríguez. Modera: Antonio Reigosa.
16:30 h. Obradoiro de narración oral "Narración e representación de diferentes tipos de lendas urbanas". Celso Fernández Sanmartín.
|
|
Metodoloxía que se vai empregar:
- Análise temática e dos núcleos narativos das lendas urbanas e comparación cos habituais na literatura de tradición oral. - Estudo de diversas lendas urbanas e dos seus precedentes históricos. - Análise do papel dos novos medios de difusión da narración oral: a literatura de tradición oral e as novas tecnoloxías da información.
|
|
Plano de avaliacion da actividade:
- Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes. - Terase en conta tanto a participación activa nas aulas como a execución das diversas propostas de traballo qeu se programen. Así mesmo, tomarase en consideración cantos informes, individuais ou de grupo sexan oportunos. - Asistencia recolllida na lexislación para ter dereito ao certificado.
|
|
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
|
|
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com tendo preferencia os socios/as da AS-PG e da AELG.
|
|
Tipo e ámbito de difusión:
- Enviarase información aos socios/as da AS-PG e da AELG e aos centros de ensino de Galicia. - Publicitarase na páxina web da AS-PG e da AELG e editaranse cartolinas e carteis co programa.
|
Importe da matrícula e tipos:
Gratuito : 0
|