Formación
Cursos 
XXI XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA
Imprimir
XXI XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA  (12 Horas)
Matrícula:  Desde 07/04/2011 até 11/05/2011(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 29/04/2011 até 30/04/2011. Lembramos que a apertura é as 0:00 horas
Horario: 16:00 h. do día 29
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias da Educación. Xoán XXIII. Santiago de Compostela.
Número de prazas: 250
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 52470409A
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos: Estudar difentes aspectos relacionados coa nosa lingua e literatura e con temas de interese para o profesorado desta materia. -Espallar experiencias pedagóxicas innovadoras baseadas na implicación de profesorado e alumnado. -Fornecer materiais e recursos para a impartición da lingua e a literatura no ensino, mediante seminarios de sociolingüística, TIC, literatura, lingua, -Actualizar os coñecementos de lingua e literatura galegas mediante a exposición dos estudos máis recentes realizados sobre esta materia. -Contribuír á progresiva normalización da lingua galega.
Contidos: 1. Mesa redonda: Lois Pereiro. 2.Conferencia: “Singularidade de Castelao na literatura galega”. 3O proxecto de Casa-Museo para Manuel María” 4.Conferencia; redes sociais para a lingua e a literatura. 5. .MESA REDONDA: Situación actual e futuro da lingua galega. 6. Conferencia: Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. 7. Conferencia: Bilingüísmo e creación literaria: a vía heterodoxa de Álvaro Cunqueiro. 8.Seminarios: 8.1-“A autora fala da súa obra”: Anxos Sumai 8.2-“O teatro interminábel. Ensinar en Secundaria empregando o teatro como ferramenta” 8.3-“Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” 8.4-“8X8=64 propostas para traballar o tema da muller na aula.” 8.5-“Prácticas de lingua” 8..6-“O autor fala da súa obra”: Suso de Toro 8.7-“ Recursos de tecnoloxía lingüística para o galego” 8.8-”Orixe e experiencia das escolas do espectador”. 9.Actuación: Moita poesía e pouca diversión; María Lado e Lucía Aldao
Metodoloxía que se vai empregar: Trátase dunhas Xornadas de carácter teórico-práctico, que potenciarán cada un destes aspectos segundo o tema a desenvover. Os diferentes seminarios están pensados para un alumnado que demanda que os contidos tratados teñan unha aplicación práctica e por este motivo terán un enfoque práctico. As conferencias e aqueles seminarios nos que os autores falan da súa obra terán unha primeira parte expositiva e unha segunda na que se propiciará a participación da asistencia.
Plano de avaliacion da actividade: Recollerase, unha vez que se remate a actividade, unha enquisa na que se valorarán os seguintes aspectos: -Cumprimento dos obxectivos da activide. -Cumprimento dos contidos da actividade -Metodoloxía empregada na actividade -Valoración de aspectos como: datas, horarios, espazos ou materiais empregados.
Destinatarios: Profesorado
Criterios de selección: Por orde de inscrición, priorizando a afiliación da CIG e socios da as-pg
Tipo e ámbito de difusión: Galiza
Importe da matrícula e tipos:
Afiliación da CIG e socios/as da AS-PG : 13 €
Desempregados/as : 25 €
Normal : 37 €