|
MÚSICAS GALEGAS DE ACTUALIDADE
(10 Horas)
|
|
Matrícula:
Desde
13/11/2009
até
26/11/2009(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
|
|
Calendario:
Desde
30/11/2009
até
04/12/2009.
|
|
Horario:
De 19h30 a 21h30
|
|
Lugar de celebración:
Museo Provincial de Lugo
|
|
Número de prazas:
50
|
|
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
|
|
Prazas reservadas:
25%
Número máximo de prazas:
25%
|
|
Coordenadores:
33846169J
|
|
Modalidade formativa:
CURSO
|
|
Obxectivos previstos:
- Analizar as principais experiencias educativas da música galega da actualidade.
- Intercambiar experiencias e resultado de investigacións relacionadas co perfeccionamento da formación dos docentes que imparten música.
- Poñer en contacto a profesores de música galega no exterior coas últimas tendencias desenvolvidas en Galicia no ámbito do ensino da música. Facilitar, así mesmo, o intercambio de ideas entre os que exercen o ensino en Galicia e os que o están a facer fóra dela.
- Promover lazos de coñecemento, recoñecemento e confianza entre os distintos ámbitos educativos da música galega, co obxecto de permitir unha comunicación fluída de experiencias e, eventualmente, poder pór en marcha iniciativas conxuntas.
|
|
Contidos:
Día 30 de novembro: Rosa María Fernández, Tradición e vangarda desde os mestres Bal y Gay e Ángel Barja: a música esquecida.
Rosa María Fernández García é asesora de música da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. Está especializada na música do século XX e é autora de numerosas publicacións
Actuación do Cuarteto de Cordas SANTART. Interpretarán o cuarteto nº 2 e o cuarteto nº 3
De Angel Barja, por primeira vez en Galiza despois da súa estrea.
O Cuarteto de Cordas SANTART nace co afán de crear un grupo de alta calidade musical, para promocionar a música clásica en todo o territorio galego.
Día 1 de Decembro: Luís Costa, A vontade identitaria do Coralismo Galego.
Luís Costa é profesor de Historia da Música da Universidade de Vigo e membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, da comisión técnica do Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega) e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.
Intervención de Solo Voces.
O Grupo Vocal "Sólo Voces" fundouse en Lugo en 1992. Dende entón leva traballando diversos ámbitos do repertorio coral: a música popular (rock, folk, pop...) e a culta (gregoriano, música sacra e profana de autores consagrados, obras de compositores contemporáneos...), baixo a dirección de Fernando G. Jácome. Interpretará pezas de Pascual Veiga e Xoán Montes.
Día 2 de decembro: Xan Fraga: Contexto Histórico cultural no que xorde o movemento da nova canción galega. Os Galeusca de música. Características da obra de Miro Casabella.
Xan Fraga: Licenciado en Xeografía e Historia, Especialidade de Historia Contemporánea, pola Universidade Central de Barcelona exerce como profesor no IES Alfredo Brañas de Carballo.Autor de numerosos traballos, entre eles Miro Casabella e a nova canción galega
Intervención musical: Miro Casabella. Miro Casabella, unha das voces destacadas da nova canción galega, formou parte de Voces Ceibes e logo desenvolveu unha consolidada traxectoria en solitario.
Día 3 de decembro: Xurxo Souto, No ano do relampo, a selva diversa das músicas emerxentes.
Xurxo Souto, é un cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica. O labor que o fixo máis popular foi o de líder e vocalista da banda de rock "Os Diplomáticos de Monte-Alto? É un gran difusor da música galega de agora e sempre.
Intervención en concerto de The Homens.
The Homens é un grupo galego de powerpop que tivo os seus inicios en 2004. Ten catro discos no mercado ademais de participar en traballos colectivos.
Día 4 de decembro: Carlos Villar Taboada: As músicas contemporáneas en Galicia: tendencias e compositores nun novo século.
Carlos Villar Taboada licenciouse na especialidade de Musicoloxía na Universidade de Valladolid, en cuxo Departamento de Historia e Ciencias da Música traballa desde entón como investigador e docente, con especial interese nos temas relacionados coas músicas do século XX en España, a análise musical, músicas contemporáneas e estética.
|
|
Metodoloxía que se vai empregar:
O desenvolvemento do Curso en tódalas súas actividades será fundamentalmente práctico xa que a intención do mesmo é dotar de material e recursos didácticos ao profesorado asistente para que logo o poida empregar nas súas aulas.
|
|
Plano de avaliacion da actividade:
Pasarase un inquérito de acordo cos ítems marcados na orde de homologación vixente.
|
|
Destinatarios:
Profesorado de ensino non Universitario.
|
|
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición na www.as-pg.com, tendo preferencia os socios e socias da AS-PG.
|
|
Tipo e ámbito de difusión:
A través de trípticos e cartaces que se enviarán aos centros de ensino e aos socios/as da AS-PG e a través da páxina web www.as-pg.com
|
Importe da matrícula e tipos:
Gratuito : 0
|