|
IV CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
(19 Horas)
|
|
Matrícula:
Desde
09/10/2009
até
25/10/2009(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
|
|
Calendario:
Desde
30/10/2009
até
01/11/2009.
|
|
Horario:
30 de 16h a 21:30h, 31 de 10h a 14h e de 16h a 20 :30h e 1 de novembro de 10h a 14h e de 16h a 19h
|
|
Lugar de celebración:
Auditorio da Fac. de Veterinaria do Campus de Lugo, situado na Avda. Carballo Calero,s/n Lugo
|
|
Número de prazas:
400
|
|
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
|
|
Prazas reservadas:
25%
Número máximo de prazas:
25%
|
|
Coordenadores:
36062550E
32756892Q
|
|
Modalidade formativa:
Curso
|
|
Obxectivos previstos:
- Analizar as principais experiencias educativas da música tradicional galega.
- Estudar diferentes metodoloxías didácticas tratando de sistematizar experiencias satisfactorias que poidan ser iluminadoras do traballo futuro.
- Intercambiar experiencias e resultado de investigacións relacionadas co perfeccionamento da formación dos docentes que imparten música tradicional.
- Propiciar o establecemento de formas de cooperación entre Conservatorios de Música, Escolas de música tradicional, Asociacións Culturais e Centros de Ensino Obrigatorio, que permitan elevar a calidade do ensino da música tradicional galega.
- Poñer en contacto a profesores de música tradicional galega no exterior coas últimas tendencias desenvolvidas en Galicia no ámbito do ensino de la música tradicional. Facilitar, así mesmo, o intercambio de ideas entre os que exercen o ensino en Galicia e os que o están a facer fóra dela.
- Promover lazos de coñecemento, recoñecemento e confianza entre os distintos ámbitos educativos da música galega, co obxecto de permitir unha comunicación fluída de experiencias e, eventualmente, poder pór en marcha iniciativas conxuntas.
|
|
Contidos:
VENRES 30 de Outubro
TARDE 16.00 H A 21.30 H
16.00 h a 17.00 h Acto de apertura do IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega. Santiago Caneiro (Presidente da AGG), Xoan Costa (Presidente da AS-PG), Anxo Louzao (Secretario Nacional de CIG-Ensino).
17.00 h a 18.15 h I RELATORIO: O Proxecto Ronsel. Unha iniciativa para a salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego. Accións encamiñadas ao sistema educativo. Iván Area.
18.15 h a 18.45 h DESCANSO.
18.45 h a 20.00 h II RELATORIO. O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) Museo do Pobo Galego. Concha Losada e Sergio de la Ossa.
20.00 h a 21.30 h I MESA REDONDA: O patrimonio cultural inmaterial galego. Propostas de estudo, conservación e transmisión da música tradicional. Iván Area, Concha Losada, Sergio de la Ossa.
SÁBADO 31 de Outubro
MAÑÁ DE 10.00 H A 14.00 H
10.00 h a 11.15 h III RELATORIO. A Música Tradicional ao longo do ano. Clodio González.
11.15 h a 12.00 h I COMUNICACIÓNS
12.00 h a 12.20 h DESCANSO
12.20 h a 14.00 h I OBRADOIRO. Contos con música tradicional. Kalandraka.
TARDE DE 16.00 H A 20.30 H
16.00 h a 17.00 h Emisión en directo do Congreso a través do programa da Radio Galega "Lume na Palleira".
-Presentación de obxectivos e contidos do Congreso. Santiago Caneiro.
-Especial Recuncho da Palleta. Pablo Díaz e Pablo Carpintero.
17.00 h a 18.30 h CONCERTO DIDÁCTICO. A percusión tradicional de man. Xabier Díaz.
18.30 h a 19.00 h DESCANSO.
19.00 h a 20:30 h II OBRADOIRO. Vivindo a música tradicional a través do corpo. Susa Herrera.
DOMINGO 1 de Novembro
MAÑÁ DE 10.00 H A 14.00 H
10.00 h a 11.15 h IV RELATORIO. Grupo Ledicia: Unha experiencia musical na escola. Xosé Lastra.
11.15 h a 12.00 h II COMUNICACIÓNS.
12.00 h a 12.20 h DESCANSO.
12.20 h a 14.00 h III OBRADOIRO. Baile tradicional para os máis novos. Pèsdelán.
TARDE DE 16.00 H A 19.00H
16.00 h a 17.15 h V RELATORIO. O Patrimonio lúdico galego. Rosa Mª Vicente ( Brinquedia).
17.15 h a 18.45 h II MESA REDONDA. A memoria da tradición: Mestres Gaiteiros. Manuel Enríquez "Nela", Rubén González, Xosé Manuel Seivane.
18.45 h a 19.00 h CONCLUSIÓNS E CLAUSURA do IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega.
|
|
Metodoloxía que se vai empregar:
O desenvolvemento do Congreso en tódalas súas actividades será fundamentalmente práctico xa que a intención do mesmo é dotar de material e recursos didácticos ao profesorado asistente para que logo o poida empregar nas súas aulas.
|
|
Plano de avaliacion da actividade:
Pasarase un inquérito de acordo cos ítems marcados na orde de homologación vixente.
|
|
Destinatarios:
Profesorado de ensino non universitario.
|
|
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscricion na páxina web da AS-PG, tendo preferencia os socios e socias da AS-PG, AGG e afiliados/as da CIG-Ensino.
|
|
Tipo e ámbito de difusión:
A través de trípticos e cartaces que se enviarán aos centros de ensino e á afiliación e socios/as
|
Importe da matrícula e tipos:
Estudantes : 20
Asociados/as AS-PG e AGG : 20
Afiliados/as CIG-Ensino : 20
Outros : 40
|