QUEN SOMOS > AS-PG internacional

A AS-PG representa en Galiza a Oficina Europea para as linguas menos estendidas (Bureau Européen pour les Langues Moins Répandues - BELMR), organismo non gobernamental, auspiciado pola Comisión Europea, que aglutina no seo da Unión Europea a todas as comunidades lingüísticas minorizadas. Entre as súas actividades destacan:

a. Programa de visitas de estudos do BELMR. Consiste na oferta dunha serie de bolsas para a realización de viaxes organizadas cada ano para visitar algunha das comunidades europeas que presentan linguas minorizadas. Con estas visitas preténdese contribuír á promoción por parte das institucións europeas dunha política activa a prol destas linguas. Con estas visitas tamén se pretende promover o intercambio de experiencias normalizadoras entre as persoas e as institucións que participan nestes programas.

b. Elaboración de estudos sociolingüísticos e intercambio de experiencias normalizadoras.

c. Elaboración de propostas de actuación.

http://www.eblul.org

Outras ligazóns internacionais

http://www.mercator-education.org
http://www.aber.ac.uk/~merwww/indfr.htm
http://www.aber.ac.uk/~merwww/

[Outras ligazóns de interés]

Para máis información sobre esta Web contacte con  xestor@as-pg.com
Este software foi deseñado e implementado por ENXENIO S.L. (contacto@enxenio.es)