
A comezos de abril estará a venda o disco Cancións para Antía, un traballo do grupo Fol do Vento. A canción, espazo privilexiado para combinar aprendizado e diversión, é a mellor forma de os nosos nenos e as nosas nenas reencontrárense consigo mesmos. Por iso na AS-PG editamos este
disco pensando nos nenos e nenas, mais tamén nos mestres e mestras, para quen elaboramos un complemento didáctico que poderán encontrar na nosa web. E non esquecemos pais e nais que, nun momento en que a transmisión xeracional da nosa lingua atravesa por dificultades, poden ter a ocasión de mostrar á pequenada a realidade máis próxima a través da música e da canción. O noso obxectivo, é pois, contribuír a galeguización dun espazo vital, o da infancia que, na actualidade está a incrementar a oferta de posibilidades pensadas desde Galiza.
O disco, gravado nos estudios Pirámide da Coruña, contén 17 temas e será posto á venda a 15 €.Todas as persoas que o reserven antes do día 15 de abril terán un desconto do 20%.
Pode escoitar tres fragmentos deste disco: A miña estrela, Nadan, nadan e O noso tractor
Para pedidos: informacion@as-pg.com