Despois dun ano de traballo poñemos na web unha versión do xogo letrad@s. O xogo,desenvolvido coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística, funciona basicamente do mesmo xeito que os xogos tipo "scrabble". Sen embargo, nesta versión on-line houbo que ampliar esta funcionalidade básica, nalgúns casos para superar os límites da contorna virtual, e noutros para aproveitar as características de Internet e facelo máis entretido; ou para permitir mesmo o xogo contra o computador.
Xa están a versión on-line en galego de Letrad@s, un xogo de mesa xa clásico que consiste en crear palabras entrelazadas, como se dun encrucillado se tratar, e colocalas sobre un taboleiro de tal maneira que se consiga a máxima puntuación posíbel.
O nome que se lle deu á versión desenvolvida foi Letrad@s.gz, querendo aludir con iso a que é un xogo en que a base son as letras e ao mesmo tempo para persoas letradas. e está dispoñíbel na actualidade en Internet directamente no enderezo web http://www.as-pg.com/letradas.gz, mais tamén se pode acceder a el a través da páxina principal do portal web da AS-PG en http://www.as-pg.com.
O xogo consiste en formar palabras de dúas ou máis letras e colocalas no taboleiro cuadriculado (15x15), horizontal ou verticalmente, de xeito que poidan ser lidas de esquerda a dereita ou de arriba a abaixo. Despois da xogada inicial, cada palabra débese ligar con algunha das que xa están no taboleiro. Para o xogo contamos con dous dicionarios, un básico de case 4000 palabras e un ampliado que consta de 11 millóns de formas.
Pódense disputar partidas de varios xogadores (de 2 a 4) ou dun xogador contra o computador que fará de segundo xogador da partida.