
Na cidade da Coruña, a vinte e oito de xaneiro de 2008, reuniuse o xurado encargado de outorgar os premios do Primeiro Concurso de Podcasts Lingüísticoartísticos convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e composto por:
D. Antón Álvarez
Dna Anxa González Refoxo
D. Xoán Carlos Rábade
D. Eduardo Álvarez González
Dna Mª Xesús Freire, que actúa como Secretaria.
1º. Declarar desertas as categorías Conto e Libre
2.- Outorgar un único premio, o primeiro, na categoría poema ao traballo presentado por Anxo Rodríguez Lemos, do IES Primeiro de Marzo pola obra titulada Adeus,que resultou ser unha lectura declamada do poema de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes" con fondos de sons da natureza e Adagio de Samuel Barber.
A Coruña a 28 de xaneiro de 2008
Asinado