Novo servizo da AS-PG: Podcast educativo
23 de outubro de 2007
Tal como viñemos anunciando, a AS-PG pon en funcionamento o seu podcast educativo. Coa iniciativa pretendemos incidir no uso da lingua oral a través das novas tecnoloxías. Anunciamos así mesmo a convocatoria dun dun concurso destinado a traballar con estas novas técnicas.
Imaxe da novidade

O podcasting consiste na creación de arquivos de son e vídeo e na súa distribución mediante un arquivo RSS que permite subscribirse usando un programa que periodicamente comproborá se hai dispoñíbeis novos arquivos, descargándos, nese caso para que o usuario os poida escoitar e ver en calquera momento.

No campo do ensino os podcast abren inmensas posibilidades de expresión e convértense en recusros de estudo ao ser utilizados como vídeos de axuda ou arquivos de audio nas aulas. Son tamén un espazo onde os educadores se poden actualizar por medio de conferencias, aprendizado de idiomas, etc.

Este servizo forma parte do conveno de colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a AS-PG. Neste convenio establécese que a AS-PG abrirá esta paxína destinada a albergar os podcast, realizará 5 cursos para o profesorado e convocará un concurso entre escolares de toda Galiza. AS bases deste concurso poden verse en http://www.as-pg.com/Podcast/ContestRules.do

 

 
[Imprimir]