Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. Nova publicación da AS-PG
15 de febreiro de 2011
Unha obra de Francisco Rodríguez que ofrece unha lectura que parte do contexto da poeta, do cońecemento explicativo e causal da súa obra íntegra, para traela á marcha da historia, coa súa incomparábel e única lucidez e tormento. Tal como se xerou e como combateu, na súa tendencia e intencionalidade. O libro desenvolvido para informar, explicar e valorar, con máis fundamento de causa, deitando máis luz, Rosalía e a súa obra. Reservas, a prezo reducido, até o 15 de marzo. Ver condicións.
Imaxe da novidade

Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. (A persoa e a obra de onte a hoxe)

Unha obra de Francisco Rodríguez

No 2010 cumpríronse 125 anos da morte de Rosalía.. Este libro hai que inserilo dentro do esforzo colectivo por nos facer conscientes do noso propio valor, neste caso do valor dunha obra literaria e dunha muller, Rosalía de Castro, que transcenden o campo da literatura por seren sintomáticas da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego, e tamén dunha perspectiva da historia e do mundo xenuína e moi esclarecedora, imprescindíbel. Mantendo o rigor analítico e o manexo de fontes históricas abondosas, característicos do seu autor, é un texto de fácil, entretida e suxerinte lectura. De seguro que vai incitar a reler a obra rosaliana, nuns casos; noutros, a lela na súa totalidade; en moitos, a achegarse a ela por primeira vez con interese e devezo. Sempre nos vai descubrir a personalidade auténtica de Rosalía, libre dos prexuízos e estereotipos aínda dominantes. Da súa man, e grazas á súa experiencia e obra, chegaremos a ter resposta a moitos interrogantes sobre nós mesmos, como pobo, e a nos orientar mellor no medio de tanta confusión. Sendo unha análise específica dunha obra literaria concreta, que tamén axuda a visualizar, de forma efectiva, á súa autora, é, ademais, este libro unha ventá aberta para comprender un mundo, aínda en grande maneira rosaliano.

O libro estrutúrase en 10 capítulos que se desenvolven ao logo de  732 páxinas e sairá á venda en marzo de 2011 a un prezo de 23 euros. Pode ver o índice aquí

Prezo reducido:   

Para os socios e socias da AS-PG o prezo será de 12 euros e para as persoas non asociadas será de 17

Todas as persoas interesadas en contar con este libro a prezo reducido poderán reservalo facendo o pedido á as-pg. As reservas han de se facer antes do 15 de marzo de 2011.

Quen desexe facer a reserva deberá ingresar na conta de Nova Caixa Galicia 2091- 0000-35-3040150083 a cantidade correspondente indicando no concepto o nome e apelidos e o material que desexa adquirir e logo enviar un correo a informacion@as-pg.com no que indique o seu nome e apelidos e o enderezo ao que se debe enviar o(s) libro(s).Non se considerará a reserva se previamente non se fai o ingreso.

 

 
[Imprimir]