O web da AS-PG entre os 150 máis visitados de Galiza
25 de xaneiro de 2010
Segundo Alexa Internet Inc. o sitio web da as-pg sitúase entre os 150 máis visitados da Galiza, por enriba de sitios como o sitio Prensa-escuela
Imaxe da novidade

Alexa Internet Inc. é un servizo de Internet que mede  cantos usuarios da Internet visitan un sitio web. Só con visitar o sitio de Alexa e introducir os datos do noso web xa nos posiciona no ranking mundial de webs. Este ranking é variábel. No caso da AS-PG, a día de hoxe, está no posto 726.874 entre as webs de todo o mundo (pensemos que hai máis de 50 millóns de páxinas). Alén de indicar a colocación (ranking) mundial de visitas a un determinado sitio, o Alexa.com tamén nos dá  a posibilidade de ver o ranking estatal. Neste caso esta posibilidade ofrécea  websgalicia. Segundo esta, o sitio web da as-pg está no posto 143 das páxinas máis visitadas en Galiza sobre un total de 3012, por enriba de webs como Prensa-escuela, o web de La Voz de Galicia relacionado coa educación (posto 183).

Nos próximos días faremos públicas novas ferramentas e novos proxectos que nos permitirán seguir incrementando a nosa presenza na rede.

 
[Imprimir]