XII Xornadas de Expresión Oral "Tíralle da Lingua"
25 e 26 de novembro
Tíralle da Lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, convertir o idioma en instrumento de comunicación norma, de creación e recreación de historias... de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde
Imaxe da actividade

O proxecto "Tíralle da Lingua" consta de dúas fases: estas Xornadas de Expresión Oral, dirixidas ao profesorado, nas que se intenta proporcionar técnicas para traballar a oralidade na aula; e un concurso de relato oral, dirixido ao alumnado de toda Galiza cunha fase final que se celebrará non mes de maio en Compostela.

 

PROGRAMA DAS XII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL "TÍRALLE DA LINGUA"

Venres 25 de novembro

De 17:30 a 18:00 h. Recepción e entrega de material.

De 18:00 a 20:00 h. Xogando co audio na clase de lingua. Xoán Díaz García, profesor no IES David Buján de Cambre.

Presentación de pequenas experiencias co audio na clase de lingua e literatura: Recitando a Uxío, quebracabezas de audio, son de poetas...

 

Sábado 26 de novembro

De 10:00 a 11:15 h. Xogando a contar historias a través da videocreación. Experiencia no IES Fontem Albei (A Fonsagrada). Rubén Pol Valiño e Sabela Figueira Tenreiro, profesores no IES Fontem Albei da Fonsagrada.

A función eductiva dos materiais audiovisuais como elementos motivadores e instrumentos de coñecemento, serve para que o alumnado deixe de ser un mero receptor de información e pase a desempeñar un papel activo despertando a súa curiosidade e implicación no proceso de ensino-aprendizaxe. Isto pódese canalizar de cara a fomentar o gusto pola lectura, a lingua propia e o desenvolvemento das competencias básicas.

 

De 11:15 a 12:30 h. Ensinádelles a falar. Manuel Nuñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística da universidade de Santiago, escritor.

Pretende ser simplemnte unha reflexión conxunta sobre a importancia da comunicación oral e contra os excesos da gramaticalidade. Porque, contrariamente ao que se cre, é necesaria formación específica para elaborar un discurso oral formal de calidade.

 

De  12:30 a 14:00 h. A palabra viva para aprender, para xogar, para pensar, para saber, para compartir, para procurar quen somos... Paco Martín, escritor e mestre.

Un xogo con toda a capacidade de evocación que a fala ten, cos dobres sentidos, con imaxes suxeridas e metáforas que precisan para o seu uso dun cumprido coñecemento da linguaxe e unha ampla capacidade para relacionar palabras, ideas e reflexións...

 

De 16:00 a 17:15 h. Fomento da lectura e normalización lingüística no proxecto de espazo lectura. Concha Costas, presidenta da asociación Espazo Lectura, profesora no IES Auga de Laxe de Gondomar.

Presentación do proxecto de actividades da asociación Espazo Lectura (contacontos, clubs de lectura, sesións de dinamización lectora na Casa da Lectura, sesións de lectura compartida en voz alta, noite na biblioteca) e análise da súa repercusión na normalización do uso da nosa lingua entre as persoas participantes no programa.

 

De 17:15 a 18:30 h. Potenciar a oralidade, un obxectivo común. Isabel Vázquez Rosales, coordinadora de biblioteca, e Belén Estraviz Ferrín, coordinadora de Normalización Lingüística, do CEIP Quintela de Moaña.

Dende hai anos existen no centro canles de coordinación pedagóxica entres os diferentes equipos, p ara unificar esforzos. O fomento real da expresión oral está presente en todas as propostas, buscando crear contextos e producir situacións nas que o alumnado teña que desenvolverse oralmente.

 

De 18:30 a 20:00 h. Os contos musicais na educación infantil e primaria. Merchi Rozas, mestra e animadora.

Os contos musicais, mediante a imaxe, a palabra, a melodía e o movemento, son un excelente material pedagóxico no proceso de adquisición da lecto-escritura. Neste relatorio veremos o poceso de elaboración dos contos musicais e este proceso aplicado a un conto en concreto.

Ás 20:00 h. Clausura.

 

Solicitada a homologación por 10 horas lectivas.

A matrícula é gratuíta, realizarase a través da web da AS-PG (www.as-pg.com) no apartado de formación.

O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen como docentes para a Consellería de Educación.

[Imprimir]