IV XORNADAS DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL "Lendas urbanas: mitos e ritos dos tempos modernos"
28 e 29 de outubro
O noso país non é alleo á moda das lendas urbanas, un fenómeno popular universal cuxa difusión se multiplicou enormemente a través da televisión, radio, xornais e revistas, literatura, cine, cómic e, sobre todo a través de internet, o gran altofalante deste tipo de relatos; é por isto que a AS-PG colabora coa AELG na organización deste curso sobre a literatura de tradición oral, e que nesta cuarta edición trata sobre as Lendas Urbanas.
Imaxe da actividade

Venres 28

17:00 h. Recepción e entrega de documentación.

17:10 h. Acto de inauguración.

17:15 h. Conferencia "O visguento unto da calumnia: boticarios e sacamanteigas". Luís Giadás.

18:30 h. Conferencia "As lendas urbanas, a distorsión da realidade e a creación do imaxinario máxico". Bruno Cardeñosa.

20:00 h. Mesa redonda "Urbanas? Modernas? Contemporáneas?" Participan: Luís Giadás e Bruno Cardeñosa. Modera: Isidro Novo.

 

Sábado 29

10:00 h. Conferencia "O roubo de órgano nas tendas de chineses en Portugal". José Joaquim Dias Marques.

11:30 h. Conferencia "Izena izana biano lehen ukan (Todo canto se di, acontece)" Fito Rodríguez

13:00 h. Mesa redonda "De boca en boca: o rumor como arma contra os outros" Participan: José Joaquim Dias Marques e Fito Rodríguez. Modera: Antonio Reigosa.

16:30 h. Obradoiro de narración oral "Narración e representación de diferentes tipos de lendas urbanas" Celso Fernández Sanmartín.

[Imprimir]