
ACTAS DO I SIMPOSIO INTERNACIONAL DE LINGUAS EUROPEAS E LEXISLACIÓNS
[+ info]
Autores/as: Varios
Este libro constitue a primeira recompilación de traballos que versan sobre a situación legal de varias linguas europeas (desde o galego nun extremo ata o finés nun outro), que se publica na Europa.
Tema: Sociolingüística.
Nivel educativo: Bacharelato, Universidade e leitores en xeral.

ANÁLISE SOCIOLÓXICA DA OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO
[+ info]
Autores/as: Francisco Rodríguez Sánchez
Contido: A máxima figura da nosa Literatura e impulsora fundamental do Rexurdimento é obxecto da análise rigorosa do autor deste libro. Un estudo que examina e reinterpreta a obra rosaliana con dados novos -ou interesadamente agochados- interpretados desde as coordenadas socio-políticas que conforman a Galiza do século XIX. 485 páxinas.
Tema: Sociolingüística.
Nivel educativo: Bacharelato, Universidade e leitores en xeral.
Autores/as: V. Nogueira Fariña, X. Mateo Docampo, X. Cerviño Lago, Elisa López-Niño, Ada Carballal, Abel Fdez.
Máis de 350 fotografías. Animacións infográficas. Imaxes de vídeo. Audio. Texto. Xogos didácticos.Unha apaixonante viaxe interactiva pola arte barroca galega e universal especialmente indicada para o profesorado e os estudiantes de Educación Secundaria. O primeiro CD ROM didáctico galego a disposición dos centros educativos.
Tema: Arte.
Nivel educativo: Segundo ciclo da ESO, Bacharelato, público xeral.
Observacións: Premio ao mellor CD-ROM no VIII Festival Internacional de Vídeo de Canarias. 1998.

CASTELAO NA GALIZA DO SÉCULO XX
[+ info]
Autores/as: Varios
Actas do Simposio celebrado no Paraninfo da Universidade de A Coruña e no Auditorio do Castro, Sada, durante os días 25, 26 e 27 de novembro de 1999. Edición a cargo de Manuel Ferreiro e de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Recolle as intervencións de, entre outros, Xosé Neira Vilas, Benito Varela Jácome, Mª Pilar García Negro, Henrique Monteagudo, Manuel Rosales, Manuel Lourenzo, Francisco Rodríguez, Iñaki Anasagasti, Carlos F. Velasco Souto, Manuel Rei Romeu, Bieito Alonso, Xusto B. Beramendi, Isaac Díaz Pardo, José Carlos Valle Pérez, Mª Vitoria Carballo-Calero, Siro López, Francisco Fernández del Riego, Mª do Carme Kruckenberg e Avelino Pousa Antelo, estruturadas en catro apartados: Castelao e a Literatura; Castelao e a sua dimensión histórica, social e política; Castelao e a Arte e Castelao na memoria. Páxinas: 270.
Tema: Actas de Simposio.
Nivel educativo: Bacharelato, Universidade e leitores en xeral.

CASTELAO. CO PENSAMENTO EN GALIZA
[+ info]
Autores/as: Varios
Editado en colaboración co concello de Pontevedra, recolle as actas do congreso celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra durante os días 19, 20 e 21 de outubro de 2.000. Edición de Gonzalo Constenla Bergueiro e Paulo Porta Martínez.
Tema: Actas Congreso sobre Castelao.
Nivel educativo: Bacharelato, Universidade e leitores en xeral.
Autores/as: Varios
Colección de textos de teatro infantil e xuvenil. Vén suplir as carencias existentes nos centros de ensino de obras de teatro adecuadas para seren representadas polo alunado de Primaria e de Secundaria.
Está formada por libriños de 16,5 x 11,5 cunha extensión media de 30 a 40 páxinas. Constan dun pequeno epílogo do autor ou autora no que se oferecen indicacións apropiadas para a sua escenificación. A colección está constituída por nove cadernos.
Tema: Teatro escolar.
Nivel educativo: Primaria e Secundaria.
Autores/as: Varios
Unha Historia da literatura en 5 tomos + unha Biblioteca da Literatura en 51 volumes. Unha publicación única nas suas características que editamos en colaboración con A Nosa Terra: a primeira historia da literatura galega que abrangue desde a Idade Media ata a actualidade, editada en 5 tomos de 230 X 315 mm., profusamente ilustrados e elaborados por 50 acreditados especialistas na interpretación literaria. Por outra parte, na colección A NOSA LITERATURA recollemos en 51 volumes o máis significativo da narrativa, a poesía, o teatro e o ensaio que se ten producido en toda a nosa historia literaria. As dúas coleccións véndense de forma inseparábel.
Posibilidade de fraccionar o pagamento en seis mensualidades sen recargo.
Autor: Varios.
Nivel educativo: Secundaria, Universidade, leitores en xeral.

MAPA APROXIMACIÓN Á EUROPA DAS LINGUAS
[+ info]
Autores/as: CIEMEM AS-PG
Mapa lingüístico de Europa a toda cor con representación de cada unha das linguas do continente. Recolle tamén as diversas comunidades lingüísticas de demografía exigua e/ou dispersa, coas variantes lingüísticas discutidas, linguas extinguidas en recuperación, etc.. Inclúe a clasificación das linguas por familias e por ramas con indicación do número de falantes.
Tema: Sociolingüística.
Nivel educativo: Todos.

O ENSINO DA LÍNGUA. POR UN CAMBIO DE RUMO
[+ info]
Autores/as: Pilar García Negro e Xoán Costa Casas. Prólogo de Jenaro Marinhas del Valle
Este libro vén encher un vacío na didáctica da Lingua e da Literatura, tan precisadas no tratamento escolar dunha perspectiva actualizadora e atenta ás necesidades de comprensión e normalización da história, do idioma e da literatura do noso país.
Empregando propositadamente unha metodoloxía interactiva, os autores propoñen a utilización directa dun material privilexiado como son os textos artístico-literarios de Castelao, para chegar a unha correcta adquisición e apropiación da lingua do país e a unha conveniente valorización da súa literatura.
274 páxinas, 24 x 19 cm., ilustracións a dúas tintas.
Tema: Língua e sociedade.
Nivel educativo: Bacharelato, Universidade e leitores en xeral.