Millares de galegas e galegos ateigaron a praza do Obradoiro este 21 de xaneiro. O motivo rexeitar o "decretazo" do PP e a política lingüística da Xunta.

Copia da Carta enviada ao Sr. Conselleiro de Educación e ao Sr. Secretario Xeral de Política Linguistica lamentando non teren tido en consideración a traxectoria da AS-PG, entidade que traballa no campo da normalización desde hai máis de trinta anos, á hora de levar a cabo a rolda de consultas sobre o borrador de Bases para a elaboración do novo decreto.
A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG), como entidade que traballa no mundo socioeducativo desde hai máis de trinta anos, perante a divulgación por parte da Xunta de Galicia das ?Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia? quere manifestar:

Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e contra o anunciado decreto contra o galego, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago para a mércores 30 de decembro ás 17.00.

Hai xa algún tempo que perderamos de vista a Chirlo Merlo. Cada ano andabamos á percura dos seus niños e tentabamos albiscar no aire o seu voo, mais era inútil. Seguramente emigrara na procura de mellores climas.

Xa están publicadas as actas do Congreso "Manuel María: Literatura e Nación". O Congreso, celebrado os días 3-5 de novembro de 2005, constituiu unha aproximación, desde o ámbito académico, á obra dun dos máis grandes escritores da nosa literatura, e foi un dos actos do proxecto Manuel Maria poeta nacional, unha serie de actos organizados pola AS-PG, a AELG, a Mesa e a CIG-ensino.



