NOVIDADES
O día 15 de abril, no teatro Rosalía da Coruña, e o día 20 no teatro Principal de Santiago, terán lugar as dúas primeiras proxeccións de Canto de Permanencia, o audiovisual que a AS-PG elaborou sobre a obra de Novoneyra.
Imaxe da novidade
Comezan en Santiago as XX Xornadas de Lingua e Literatura. A actividade ten servido, ao longo dos derradeiros 20 anos, como lugar de intercambio de experiencias, de presentación de recursos ou como foro de debate dos principais problemas que afectan á docencia de Lingua e Literatura, sen esquecer nunca a problemática sociolingüística
Imaxe da novidade
O 17 de abril terá lugar en Pontevedra un grande festival de música contra o decretazo. Toda a información no cartaz anunciador que se encontra ao abrir esta xanela
Imaxe da novidade
A plataforma, da que a AS-PG forma parte, asegura que "non vai calar por moito que queira Núñez Feijóo que a sociedade deixe de defender o galego" Queremos Galego estudará respostas xudiciais contra a resolución da Mesa do Parlamento, que evidencia "a actitude prepotente dun Partido Popular que teima en non querer escoitar a sociedade"
A AS-PG levará a cabo un casting a través da web para seleccionar unha voz masculina e unha voz feminina que participen na gravación dun DVD que sobre Uxío Novoneyra a entidade está a elaborar.
Imaxe da novidade
Segundo Alexa Internet Inc. o sitio web da as-pg sitúase entre os 150 máis visitados da Galiza, por enriba de sitios como o sitio Prensa-escuela
Imaxe da novidade
PáxinasRetroceder páxina123...18Avanzar páxina