[Permanente]
O lume é un fenómeno físico que se produce ao aplicarmos calor a unha substancia combustíbel en presenza do ar, elevando a súa temperatura até conseguir a emisión de gases que, mesturados co oxíxeno do ar, proporciona a enerxía suficiente para asegurar a continuidade do proceso.
Han de intervir necesariamente os tres elementos que compoñen o chamado "triángulo do lume": calor, oxíxeno e combustíbeis.
[Exposición permanente]
As reinvidicacións de Galiza non se afincan, certamente, no desexo de recobrar as liberdades abolidas, que hoxe serían anacrónicas na súa forma histórica, nin a nosa diferenciación nacional foi enxendrada por un aillamento político. Alguén pode perguntar: "¿En que fundades, pois, o voso movimento autonomista se Galiza endexamais foi independente?" E nós respondemos: "Basámolo en que, a pesares de vivirmos arreo sometidos, dendes que se inventaron os Estados modernos, non somentes creamos, conservamos e fortificamos os atributos dunha auténtica nacionalidade senón que temos azos para orgaizarnos como Estado".
CASTELAO. SEMPRE EN GALIZA
[Permanente]
A fundación das Irmandades da Fala xorde nun contexto social propenso aos cambios e en pleno declive do sistema político da Restauración. Os intentos por parte do goberno de implantar un drástico programa centralizador (tamén no plano ideolóxico) propician a aparición ou a reorganización dos movementos nacionalistas nas comunidades históricas do Estado. No caso galego, as Irmandades da Fala representan a evolución definitiva desde o primeiro galeguismo ao nacionalismo organizado como movemento político, e a súa creación veu ocupar o valeiro deixado pola desintegración de Solidaridad Gallega.
[Permanente]
Sección con cartaces de diferentes actividades da as-pg, ou en colaboración con outras entidades.





