Non hai materias

Autores/as : Varios
Unidades didáctica para Primaria e Secundaria (Olá, eu son Henrique) nas que, a través da ollada dun neno ou dunha nena, nos aproximamos á problematica do mundo rural actual.

Autores/as : Raquel Abraira Sobrado e Luz Blanco
Unidades didácticas para Primaria e Secundaria que forman parte do Proxecto Non queimes o Futuro

Autores/as : Sofía Arrebola
O material que se presenta consta de 9 fichas independentes que se poden traballar na orde que se desexe ou se precise.
O obxectivo común a todas é proporcionar ao alumnado oportunidades para a reflexión sobre distintos aspectos do medio rural relacionado coa prevención de incendios forestais.
Os temas que se propoñen como motivo de debate e reflexión son:
- A toma de conciencia do monte e a súa diversidade
- O monte como ecosistema
- A importancia do monte nas nosas vidas
- Os incendios forestais e a súa prevención
Cada ficha está ideada para que se poida fotocopiar e ten pola parte de atrás as indicacións para o profesorado: obxectivo da actividade e suxestións para o seu desenvolvemento
